-
8 abr 2026 - 15 set 2026.
HORARIO: luns a venres de 17.30 a 20.30 h. sábados de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. Domingos pechado. - Centro Obra Social ABANCA Santiago de Compostela
Aquí comeza a túa viaxe
Unha aventura cara ao teu benestar financeiro comeza aquí.
Déixame que me presente: son Ulises, rei de Ítaca. Durante anos surquei mares incertos, enfrontei tempestades, resistín os cantos de sereas tentadoras e superei retos imposibles. Pero o que realmente aprendí nesa viaxe non foi só sobrevivir, senón xestionar con sabedoría os recursos, planificar cada paso e entender que a maior conquista é acadar o equilibrio.
Hoxe, ti tomas o timón.
Non partirás cara á Ítaca dos mapas, senón cara a un destino aínda máis valioso: o teu benestar financeiro.
Ao longo deste percorrido, navegarás entre conceptos clave como o aforro, o investimento ou a xestión das emocions nas decisións financeiras. Cada parada, cada decisión, achegarate a comprender mellor como construír unha vida económica máis consciente, sostible e libre.
- No canto de monstros mariños, agárdante dilemas cotiáns.
- No canto de feitizos, ferramentas prácticas.
- E no canto de espadas, o coñecemento.
Como en toda boa odisea, reflexionar antes de actuar será a túa mellor aliada.
Prepárate para unha viaxe emocionante, reveladora e profundamente útil.
Dámosche a benvida a ÍTACA. A túa viaxe comeza agora.
Unha viaxe mitolóxica cara ao coñecemento financeiro
A exposición Ithaca: A Journey Through Financial Education é unha experiencia inmersiva e sensorial que transforma a aprendizaxe económica nunha aventura inspirada na Odisea de Homero.
A través de metáforas mitolóxicas e personaxes clásicos, os visitantes enfróntanse a retos financeiros cotiáns como o gasto impulsivo, a falta de aforro e as decisións de investimento.
Todo isto, nun percorrido deseñado para espertar a curiosidade, fomentar a reflexión e reforzar competencias esenciais para a vida.
Tecnoloxía + emoción =
aprendizaxe activa
A quen vai dirixida?
ÍTACA está pensado para o público en xeral, con entrada de balde no horario de apertura do Centro Obra Social ABANCA.
Tamén se ofrecen visitas guiadas para grupos ou actividades para escolares , que podes reservar na seguinte ligazón:
Cando e onde?
- A exposición estará en Compostela ata o 15 de setembro de 2026
- Estará aberto ao público con horario adaptado para visitas escolares e familiares.
A experiencia ÍTACA
Cinco DESAFÍOS, un destino: a túa estabilidade financeira
O percorrido está dividido en espazos que recrean momentos clave da viaxe de Ulises. Cada un está asociado a un reto financeiro que ti tamén enfrentas na túa vida real.
1. A illa dos Lestrigóns: a inflación, a ladroa silenciosa
2. A illa de Eolo: o odre dos ventos
3. Navegando entre Escila e Caribdis: xestionar os riscos
4. Atención navegantes!: a viaxe vólvese dixital
5. A Ágora de Ítaca: decisións racionais vs. emocións
Actividades interactivas e gamificadas
Cada módulo inclúe desafíos gamificados, simuladores, minixogos e ferramentas que fan da aprendizaxe unha experiencia activa.
Os visitantes poden comparar as sùas eleccións coas doutros, reflexionar en familia e levar ideas útiles para aplicar no día a día.
Actividades interactivas e gamificadas
Actividades interactivas e gamificadas
Cada módulo inclúe desafíos gamificados, simuladores, minixogos e ferramentas que fan da aprendizaxe unha experiencia activa.
Os visitantes poden comparar as sùas eleccións coas doutros, reflexionar en familia e levar ideas útiles para aplicar no día a día.
Explora un adianto de ÍTACA
Tes algunha dúbida sobre ÍTACA?
- 981 552 577
- areaeducativacompostela@afundacion.org
- Centro Obra Social ABANCA