O noso compromiso coa educación financeira
En ABANCA e Afundación cremos que a educación financeira é unha ferramenta esencial para o benestar persoal e social.
O noso compromiso nace da convicción de que comprender as finanzas persoais en todas as etapas da vida contribúe a tomar decisións máis informadas, responsables e sostibles. Por iso, desenvolvemos un programa transversal de educación financeira que cada ano chega a milleiros de persoas en Galicia e no conxunto do Estado.
A través de proxectos innovadores, presenciais e dixitais, traballamos con escolares, mocidade, persoas adultas e maiores. Adaptamos os formatos —desde experiencias inmersivas ata obradoiros, xogos, teatro ou formación en liña— para que a aprendizaxe financeira sexa útil, comprensible e motivadora para cada público.
Máis alá das cifras e dos conceptos, promovemos valores como o aforro, a planificación, a solidariedade e o consumo consciente, co obxectivo de construír unha sociedade máis preparada, informada e capaz de tomar decisións económicas que melloren a súa calidade de vida.
Un impacto real
Máis de 200.000 persoas participan cada ano nos nosos programas de educación financeira.
Facémolo convencidos de que formar cidadáns máis conscientes e preparados é o mellor camiño para construír un futuro máis xusto e sostible.
Tes algunha dúbida sobre ÍTACA?
- 981 552 577
- areaeducativacompostela@afundacion.org
- Centro Obra Social ABANCA